lunes, 11 de junio de 2012

CCOO desmiente haber solicitado que los profesores de religión se conviertan en funcionarios

CCOO reafirma su apuesta por la escuela laica y por la defensa de los derechos laborales de todos los trabajadores y trabajadoras de la enseñanza.

CCOO desde su fundación y en su definición, congreso tras congreso, se declara como sindicato laico y defensor de la escuela laica, de arriba a abajo, y no se desvió de esos principios en ningún momento: pensamos que las religiones forman parte del mundo privado de los ciudadanos.

CCOO tiene entre sus objetivos defender los intereses legítimos de todos los trabajadores, sin discriminación de sexo, religión o raza.

CCOO viene denunciando ante todos los gobiernos y ante todos los partidos políticos el vigente Concordato con el Estado Vaticano obteniendo por respuesta la más absoluta ambigüedad, ya por la presencia de la religión en la escuela, o por el cobro del IBI a todas las confesiones religiosas. Seguimos esperando su denuncia.

La Federación de Enseñanza de CCOO no avala el actual sistema de acceso a la docencia, que se distancia mucho de sus postulados pragmáticos, por lo tanto tampoco lo avala para el profesorado de religiones. Nuestro sindicato defiende a este colectivo, y lo seguirá haciendo mientras sus patronales -los obispos- sigan discriminando, persiguiendo y despidiendo por causas morales y privadas (dicorcios, matrimonios civiles, uniones de hecho).

La Federación de Enseñanza de CCOO consiguió por la vía de la negociación que se regule un sistema de listas de contratación transparentes dentro de la legislación impuesta que garantice la defensa de los profesores y profesoras de las religiones contra la arbitrariedad de los obispados, tal y como pretende en todos los casos de servicio a la función pública.

Santiago, a 11 de junio de 2012.

Federación de Enseñanza de CC.OO. de Galicia


CCOO-Ensino resposta á nota de prensa publicada en EL PAÍS o pasado sábado 9 de xuño

CCOO DESMINTE A SUPOSTA REIVINDICACIÓN DE QUE OS DOCENTES DE RELIXIÓNS SE CONVIRTAN EN FUNCIONARIOS .


 Ante a información difundida por EL PAÍS o sábado 9 de xuño sobre a situación do profesorado de relixións e os seus supostos privilexios sobre o resto de docentes, CCOO quere saír ao paso deixando claros os seus principios e as liñas de actuación da súa política sindical e educativa: A ninguén medianamente informado escápaselle que CCOO, desde a súa fundación e na súa definición congreso tras congreso se declarase como sindicato laico e defensor da escola laica. Polo que calquera que queira facerlle parecer cómplice dos intereses da xerarquía de tipo relixioso ou de calquera outra índole allea aos intereses dos traballadores, equivócase de principio a fin. Cremos que nas hemerotecas abonda documentación respecto diso. Queda absolutamente claro, observando os documentos públicos e a traxectoria de CCOO, que non se desviou deses principios en ningún momento. Así mesmo debe quedar meridianamente claro que CCOO ten entre os seus obxectivos defender os intereses lexítimos de todos os traballadores, sen discriminación de sexo, relixión ou etnia. Nin pide declaración de "cristián vello" nin de apóstata confeso, a nosa laicidade está a proba de afirmacións mal intencionadas. CCOO quere deixar claro que ven denunciando ante todos os gobernos e ante todos os partidos políticos o vixente Acordo Internacional co Estado Vaticano obtendo por resposta a máis absoluta ambigüidade, xa for pola presenza da relixión na escola, ou polo cobro do IBI a todas as confesións relixiosas. Seguimos esperando a súa denuncia. CCOO non avala o actual sistema de acceso á docencia, que dista moito dos seus postulados programáticos, polo tanto tampouco o da por válido para o profesorado de relixións. CCOO defendeu a este colectivo, e seguirá facendoo mentres se pretenda seguir discriminando, perseguindo e despedindo por causas morais e privadas (divorcios, matrimonios civís.....). Non todos os sindicatos e partidos supostamente progresistas poden dicir o mesmo. CCOO conseguiu pola vía da negociación que se regule un sistema de listas de contratación transparentes dentro da lexislación vixente que garanta a defensa dos profesores e profesoras das relixións contra calquera tipo de arbitrariedade por parte das xerarquías relixiosas ou de calquera outra índole allea ós intereses dos trabaladores e traballadoras, tal e como pretende en todos os casos de acceso á función pública.

No hay comentarios:

Publicar un comentario